Consejos, noticias y novedades

síguenos en las redes sociales.

¿Ofertas y promociones en InterFilm Carballo?

Síguenos también en Facebook e Instagram

2023-03-03

O Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís cumpre 25 anos convertido nun referente de ámbito estatal

O Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís cumpre 25 anos. O Concello de Carballo convoca unha nova edición do prestixioso premio, que ao longo deste cuarto de século conseguiu converterse nun referente de ámbito estatal. Tal como se recolle nas bases, que poden descargarse máis abaixo, cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de tres obras. As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor, natural ou manipulada, e o tema das obras é libre.

 

Premios

Primeiro premio: 1.500 € e diploma.
Segundo premio: 750 € e diploma, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz.
Premio Especial Carballo á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo en calquera dos seus aspectos: 500 € e diploma, patrocinado por Interfilm Carballo (as obras presentadas ao Premio Especial Carballo tamén optarán ao resto de premios).
O xurado poderá conceder accésits por un importe total de 300 €.

 

 

2023-04-27

Xa temos gañadores e gañadoras do

XV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís!


 1º premio, dotado con 1.500 € e diploma,

para Xavier Ferrer Chust

pola fotografía titulada “Díptico 678”


 2º premio, dotado con 750 € e diploma

(patrocinado pola Fundación Luís Calvo Sanz)

para Miguel Gómez Muñiz,

pola fotografía “La playa”


 Premio espcial Carballo, dotado con 500 € e diploma (patrocinado por Interfilm Carballo),

para Verónica Ramilo Graña

pola fotografía “O posto de Angelita de Lendo”


 Accesit de 300 € e diploma

para Iago Pensado Malleu

pola á fotografía “Adoración da típula”.


Moitos parabéns a todos e todas!